Pechamos capítulo!

aleitar

 

Despois duns anos constituidas como asociación non conseguimos seguir adiante por falta de voluntarias.

Agradecemos todo o vivido ata o de agora … toca pechar capítulo!

Saudos,saúde e leite nas tetas!!! 🙂

 

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

TALLER TEÓRICO-VIVENCIAL

EL DESARROLLO PSICOEMOCIONAL HASTA LOS 7 AÑOS

Lo que proponemos es un curso teórico-vivencial en el que reflexionaremos sobre las etapas de desarrollo infantil y sus correlatos psicoemocionales de cara a un acompañamiento saludable. Abordamos desde la concepción, nacimiento y crecimiento hasta los 7 años, momento en el que, de acuerdo con la escuela reichiana se fija el carácter que le acompañará a lo largo de la vida. Conoceremos fundamentalmente las necesidades de cada etapa del desarrollo, la importancia del entorno, del vínculo, de los límites y de nuestro propio proceso personal como acompañantes en estos periodos preciosos de nuestros pequeños descubriendo los cuidados suficientemente buenos. El objetivo general del taller es que los asistentes comprendan las diferentes fases de desarrollo con el fin de reconocer las necesidades reales en cada etapa y así poder crear recursos útiles y efectivos para el desarrollo de su función educativa. Destinatarios: aquellas personas que deseen tomar más conciencia del desarrollo emocional, conociendo las necesidades auténticas de cada fase, los recursos y la mejor manera de desarrollar el pleno potencial. Para educadores y personal vinculado a la educación. Y en general, madres y padres interesados en integrar estos conocimientos a los cimientos de la educación de sus hijos.

 

Fecha: 1 Abril 2017

Horario: de 10.30 a 19.30 horas (dos horas para comer)

Lugar: Local social Bañobre

Precio: 80 €/persona soci@s de Aleitar (padre y madre, ambos 130€)

85€/persona no soci@s  de Aleitar.

Plazas limitadas.

Información e inscripciones : aleitarecriar@gmail.com

a través de la página de facebook

o en el tlf :625 888 099

 

Imparten: Verónica Gulluscio Arnal y Luis Areces

Verónica Gulluscio Arnal – Psicóloga y Terapeuta Gestalt.

Licenciada en Psicología en la Universidad de Buenos Aires . Terapeuta Gestalt en GUIBOR (Santiago de Compostela). Miembro Adherente de la Asociación Española de Terapia Gestalt. Formada en Terapia Sistémica según el enfoque de Bert Hellinger. Asesora Perinatal por la ANEP. Formación en El Desarrollo del Carácter de W. Reich (Universidad de Buenos Aires). Seminarios Psicoanalíticos en la Universidad de Buenos Aires (1992-2002). Programa SAT (Psicología de los Eneatipos) coordinado por Claudio Naranjo. Actualmente formándose en Psicología Integrativa en el IPETG de Alicante. Madre de 2 hijas.

http://www.naturgalicia.blogspot.com.es

Luis Areces – Terapeuta Gestalt.

Titulado universitario en Empresariales y en Ciencias del Trabajo. Miembro del equipo de formación de la Escuela de Terapia Gestalt GUIBOR de Santiago de Compostela. Titular de la Asociación Española de Terapia Gestalt (AETG) y formado en Psicoterapia Clínica Integrativa en el Instituto de Psicoterapia Emocional y Técnicas de Grupo (IPETG) de Alicante con el equipo coordinado por Juanjo Albert. Formado en: Programa SAT coordinado por Claudio Naranjo, Análisis del Proceso Grupal con Paco Peñarrubia, en Coaching Sistémico con Cecilio Regojo y en Terapia Sistémica según el enfoque de Bert Hellinger, con Joan Garriga -Institut Gestalt-, Svagito Liebermeister y Stephan Hausner.

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

OBRADOIRO de PSICOMOTRICIDADE PARA CRIANZAS

imaxe corpoicaro

O 17 de Xuño de 18 a 20 hrs, no local social de Bemantes (Miño) terá lugar o obradoiro artístico corpo Ícaro de Ánxela Blanco.

“Corpo Ícaro” é un obradoiro que nace como adaptación das sesións de psicomotricidade de Lapierre: accionar o corpo, escoitar un conto que sacuda os medos atávicos e xenerar un tempo para a plástica, o volcado, espazo para o “Eu son”.

A lúcida e surreal ollada que Federico Delicado fai sobre o mito de Ícaro, tornouse unha guía estimulante cara a idea de morte como mutación. Unha axuda para adentrarnos nese guiso de patacas con misterio que é a vida”

O prezo será de 5 euros para non socixs de Aleitar e para socixs é de balde.

Prazas limitadas.

Este obradoiro está orientado a crianzas e tamén poden participar adultas.

Inscripcións no tlf 679 133 419

Agardamos que sexa do voso interés!!

 

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

OBRADOIRO VIVENCIAL de EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

IMG_4680[1]

Os días 14 e 21 de Xuño de 18:30 a 20:00 h, terá lugar un obradoiro vivencial de educación afectivo sexual, no local social de Loios, Miño.

Neste obradoiro o único que tes traer posto é roupa cómoda e ganas de traballar e traballarte!

Falaremos sobre :

¿Qué queremos comunicar segundo os nosos valores? Cómo comunicalo. ¿Qué é preciso traballar en cada etapa?¿Cómo traballar o empoderamento dende o principio? Mitos do amor romántico. Estereotipos de xénero. Xoguetes e televisión.¿Cómo adaptarnos a cada nenx e inquedanzas concretas?

 

Para asistir a este obradoiro podes insribirte no teléfono 679 133 419 e o prezo dos dous días é de 25 €.

Ademáis destes dous días, está prevista unha charla sobre sexualidade feminina dunha hora de duración, da cal se escollerá data e horario o primeiro día do taller.

 

Imparte Vanessa Pazos de:

lema_sexeducando

 

Agardamos que sexa do voso interés!

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Conversas Aleitar: Dó materno

duelo

 

Cando falamos de dó sabemos que nos estamos adentrando nun tema que vai da man da dor…pero falar da dor nun momento de perda, pode axudar a que o proceso sexa máis levadeiro,ou quizáis soamente sirva para axudar a que saian todos eses sentimentos que acompañan ese momento.

 Sexa como sexa, en Aleitar vamos a darlle un espazo … o próximo día 24 de febreiro Susana e Cristina van a compartir con nós a súa experiencia de dó materno.

 Se queres acompañárnos, podes pasar ás 17:00h polo local social da Rua de Miño na terceira planta.

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Cambiamos as reunións

imaxe aleitar

Desde Aleitar e Criar queremos dar un novo impulso ás reunións. Hai tempo que no grupo temos a necesidade de estabilizar un espazo de crianza para que as nosas nenas e nenos teñan un espazo de seu e que pais e nais podamos partillar as nosas dúbidas, inquedanzas e ideas sobre a crianza. Por iso mudamos as reunións para un espazo onde isto é posíbel. A partir de agora, todos os martes pola tarde ás 17:30 na parte de abaixo do local social de Bañobre en Miño, temos reunión do grupo de crianza respectuosa onde propoñemos actividades para as nosas crianzas. Para chegar:

http://maps.google.com/maps?saddr=Mi%C3%B1o,+Corunha,+Espanha&daddr=43.359071,-8.19931&hl=pt-PT&ie=UTF8&sll=43.358856,-8.199145&sspn=0.001088,0.001725&geocode=FdFulQIdF9GC_ykTqli0DnIuDTH5Le-O-a-CZw%3BFV-blQIdcuOC_w&oq=Mi%C3%B1o,+cor&t=h&mra=ls&z=15

As reunións son abertas a todo o mundo, non tes porqué ser socia para participar. Anímate e súmate!

Ademais seguimos mantendo a labor de promoción da lactación e todos os luns ás 11 da mañá no local social de Loios (Miño) tes unha asesora de lactación dispoñible para atender as necesidades de información, asesoramento ou simplemente as ganas falar con alguén sobre a túa experiencia coa lactación.

Podes ir sen avisar, ou chamar previamente ao 696.10.95.27

Deixar un comentario

Arquivado en Crianza, Lactacion

Obradoiro “Cueiros de Tea”

Imaxe

O venres 13 de xuño ás 17:30 no local social de Loios realizaremos o Obradoiro “Cueiros de Tea”, será presentado por Paula Vázquez, membro de Aleitar . Farase una breve exposición dos motivos que levan ás familias a optar polo uso dos cueiros de tea, mostraranse os principais sistemas e tipos e algunhas recomendacións de lavado.

Fora desa primeira parte máis teórica, a idea é achegar o uso dos cueiros de tea como unha forma de coidar a pel das nosas fillas, aforrar recursos enerxéticos e económicos e coidar do noso entorno. Polo tanto, poderemos compartir, as nais que participemos neste evento, as nosas experiencias, resover dúbidas e xerar coñecemento práctico en torno aos cueiros de tea.

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Palestra “Educación afectivo-sexual saudable para as nosas crianzas”

Imaxe

O venres, 30 de maio, ás 18:30 no salón de actos do local social da Rúa (Miño), Lola Ferreiro, doutora, profesora e coordenadora da guia Coeducación afectivo, emocional e sexual, vainos falar de como enforcarmos a educación afectivo-sexual para un desenvolvemento saudábel das nosas crianzas porque: “un dos factores que contribúe de xeito máis eficaz á formación da personalidade e autonomía persoal, así como á construción das identidades sexuas desde o respecto, a autoestima e a liberdade é a educación afectiva, emocional e sexual das crianzas (…), é fundamental porque vai influír na calidade de vida, na adquisición de hábitos básicos de sáude e benestar, na vivencia do pracer e na consecución da felicidade”. (Ana Luisa Bouza, ex-Directora do Servizo Galego de Igualdade).

Imaxe

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Conversa V: Césarea, necesaria?

cesarea

O próximo luns, 26 de maio, vamos tratar un tema moi polémico: a cesária. Como sabedes, a OMS recomenda que a práctica das cesárias debe ser como moito de un 10-15%, mas no Estado español supera por moito esa porcentaxe situándose ao redor do 25% e chegando ao 35% en clínicas privadas. Moitas veces, vanalízase a importancia que ten a cesária, como se fose un puro trámite, mais trátase dunha cirurxía maior con consecuencias para a nai e @ bebé.

Grazas á valentía e honestidade da nosa compañeira Henar, vamos achegarnos a este tema.

As conversas son abertas a todas aquelas que queiran participar e compartir a súa experiencia, ou simplemente escuitar.

Como di Ibone Olza: “Con gozo ou con dor, con alivio ou con raiba, sempre fica unha marca (…). Coa forza que dá lembrarse da ferida e sabersa curada”.

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral

Conversa de Aleitar: Dificultades na lactación, gretas e mastite

mastite

De cando en vez, no inicio da lactación poden darse algunhas dificultades. Das máis comúns son as gretas e as mastites.

Este luns 17 de marzo, ás 18h, imos falar delas e tentarmos descubrir posíbeis causas e dalgunhas ideas para as combatermos.

Anímate a participar e laretar connosco sobre a teta!

Deixar un comentario

Arquivado en Xeral